Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Aprobada a ampliación do plan de traballo da comisión de investigación de sanidade, coa incorporación de 13 novos comparecentes

23 Nov 2018
Santiago, 22 de novembro de 2018.- A Comisión de Investigación sobre a sanidade pública aprobou hoxe a modificación do plan de traballo presentada polo Grupo Popular e que supón incorporar 13 novos comparecentes, todos eles recollidos nas propostas realizadas polos grupos da oposición. “A pesar disto, En Marea, PSdeG e BNG se ausentaron na votación final para que estas persoas participaran na comisión”, criticou o portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez Centeno.
 
 

 

Na súa intervención, Núñez Centeno, explicou que “o plan de traballo incorpora, deste xeito, un total de 39 comparecentes, dos que 18 figuraban nos plans de traballo propostos polos grupos da oposición”.  “O Grupo Popular pretende que esta comisión analice a situación real do servizo galego de saúde e poda chegar a conclusións sobre o seu estado e as posibles medidas correctoras de situacións mellorables”, sinalou Núñez Centeno.
 

 

 

PRETENDEN ALONGAR A DURACIÓN O MÁXIMO POSIBLE
 
 


Neste sentido, criticou que, sendo o obxectivo da comisión determinar as consecuencias da crise económica no sistema sanitario galego, a oposición “non propoña nin un só comparecente, académico ou economista que poida avalar con datos obxectivos o que sosteñen”.

 

 
 
Aurelio Núñez afirmou que a oposición “quere alongar todo o posible a duración desta comisión, tentando convencer aos galegos da súa teima en que a sanidade pública galega é un desastre”.
 
 

 

“Como evidenciamos que por parte da oposición nunca houbo vontade real de chegar a un acordo sobre o listado de comparecentes, o Grupo Popular presentamos esta nova proposta de ampliación na que incorporamos ás asociacións máis críticas co Goberno da Xunta, sindicatos, persoas relacionadas cos casos da hepatite C e de A Estrada; representantes dos colexios profesionais sanitarios e da sanidade privada”, explicou. Así, asegurou que “todas esas voces que a oposición di que non queremos oír, serán oídas; e todos eses temas que din que non queremos tocar, serán tocados”.
 
 


En concreto, a modificación do plan de traballo aprobada hoxe incorpora os seguintes 13 novos comparecentes: representante da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C; representantes dos sindicatos CIG-Saúde, CCOO- Saúde, UXT- Saúde, CSIF, CESM-Omega e SATSE; representante da Asociación de Hospitais de Galicia (AHOSGAL); representante da Asociación Batas Blancas; representante da plataforma SOS Sanidade Pública; o xefe do Servizo de Atención Primaria do Centro de Saúde de A Estrada; o presidente do Consello Galego de Colexios Médicos; e o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Síguenos nas redes sociais