Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento galego solicita ao Goberno central que exclúa a Galicia do pago das peaxes de acceso á enerxía eléctrica

27 Sep 2018
Santiago, 26 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular e que contou coa abstención de PSOE e En Marea, a través da que se solicita ao Goberno central que exclúa a Galicia do pago dos suplementos territoriais en relación coas peaxes de acceso de enerxía eléctrica correspondentes a 2013.
 
“O Goberno galego está a ser coherente ao reclamar a retirada de Galicia da orde en tramitación, xa que considera que non son impostos medioambientais e non gravan ningunha actividade de enerxía eléctrica e, polo tanto, en ningún caso poden ser repercutidos aos abonados galegos”, manifestou a portavoz de Enerxía, Marta Nóvoa.
 
 

 

Na súa intervención, Nóvoa lembrou que o Goberno do Estado reclama a Galicia a aplicación de suplementos para tres impostos: sobre a contaminación atmosférica, sobre o uso e aproveitamento da auga embalsada e sobre o canon eólico. “Estes impostos en ningún caso gravan o consumo de electricidade nin se refiren á produción ou xeración de enerxía eléctrica”, manifestou.
 
 

 

“Imaxinamos que os gobernantes de diferentes comunidades autónomas que implantaron estes impostos de carácter medioambiental, que penalizan os impactos na contaminación levados a cabo polas empresas que os provocan, nunca pensaron que finalmente os tiveran que pagar os consumidores”, sinalou.
 
 

 

Marta Nóvoa indicou que a Xunta ten interposto un recurso contencioso contra a orde ditada polo Ministerio de Industria do anterior Goberno central, polo que “é de obrigación que o Grupo Popular reclame ano novo executivo unha resposta a este conflito”.
 
 

 

“Non pode ser que tributos impostos ás compañías que explotan recursos, que causan impactos no medio ambiente, sexan repercutidos aos consumidores galegos, beneficiando a quen contamina e prexudicando aos usuarios”, sinalou a portavoz popular.
 
 

 

BALANCE EN MATERIA ENERXÉTICA
 
 

 

Marta Nóvoa lamentou que “Galicia non está saíndo moi ben parada no balance en materia enerxética dos 100 primeiros días do novo Goberno central socialista”. A modo de exemplo, sinalou que “declaráronlle a guerra ás centrais de carbón, poñendo en risco máis de 2.000 postos de traballo que hai nas centrais térmicas galegas de As Pontes e Meirama; a falta de solución ás empresas con alto consumo de enerxía eléctrica ao non compensar a estas industrias coas axudas de 150 millóns de euros, poñendo en risco a supervivencia de empresas galegas como Alcoa, Megasa ou Ferroatlántica; ou a suba de impostos ao diésel, que afectará a máis de 650.000 galegos”.
 
 


“Só tres medidas, en cen días, do flamante Ministerio de Transición Ecolóxica que mostran a verdadeira cara dos goberno socialistas, baseada fundamentalmente na suba de impostos e na suba sen límite do desemprego en España”, dixo.

Síguenos nas redes sociais