Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado: "Temos un novo goberno para un novo tempo político que dará a mellor resposta ás necesidades de Galicia"

26 Sep 2018

26, setembro, 2018. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, salientou, esta tarde, que coa remodelación da Xunta “temos un novo goberno para un novo tempo político, que dará a mellor resposta ás necesidades de Galicia”. Neste senso, destacou que “é un goberno que medra”, ao elevar as áreas de Cultura e Turismo a rango de consellería, recoñecéndoas así como sectores fundamentais da economía e da identidade de Galicia coa vista posta no Xacobeo 2021.

O secretario xeral dos populares galegos considera que as tres novas incorporacións ao executivo autonómico, Carmen Pomar Tojo, Fabiola García e José González, presentan “savia nova e experiencia”, perfís cunha ampla experiencia fóra da vida política. Indicou, tamén, que “Galicia seguirá tendo a estabilidade institucional que hoxe non hai nin no ámbito estatal nin no municipal".

 

Tellado aproveitou para poñer en valor todo o “excepcional” traballo desenvolvido por Beatriz Mato, primeiro no departamento de Traballo e Benestar e despois no de Medio Ambiente, e por José Manuel como responsable de Política Social. “Son dous conselleiros comprometidos e traballadores, cun proxecto sólido”, dixo.

 

Neste senso, agradeceulles a súa xenerosidade na decisión de abandonar o goberno para encarar unha nova etapa coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais. “A experiencia acumulada vai ser fundamental para que tanto Ferrol como A Coruña teñan os alcaldes que se merecen”, apuntou o secretario xeral, quen continuou dicindo que o PPdeG, “non só agarda gañar, senón gobernar, polo que ofrecemos o mellor que temos para que iso sexa posible”.

Síguenos nas redes sociais