Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular asegura que o transporte adaptado do 065 “é máis universal que nunca e está garantida a súa gratuidade por decreto”

26 Sep 2018
Santiago, 26 de setembro de 2018.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, asegurou hoxe no Parlamento que o servizo de transporte adaptado do 065 “é máis universal que nunca e está garantida a súa gratuidade por decreto”.
 
 

 

Marta Rodríguez lembrou que “durante anos a utilización que se estaba a facer do 065 era para servizos de transporte regular, cando o obxectivo era o de cubrir o transporte puntual”. Esta situación motivou as queixas dos usuarios o que levou á Xunta a revisar o servizo para incrementar e mellorar a atención aos usuarios.
 
 

 

DECRETO DE 2014
 
 

 

Deste xeito, o actual Goberno galego aprobou en 2014 un decreto polo que garante a gratuidade do servizo do transporte programado puntual 065, cando o anterior Goberno bipartito establecera en 2007 que os usuarios deberían aboar unha contraprestación económica determinada pola capacidade económica do solicitante.
 
 


A portavoz popular salientou, ademais, que “nos últimos catro anos incrementouse un 38 por cento o número de solicitudes atendidas polo servizo de transporte programado puntual, ao pasar de 4.197 usuarios en 2014 a case 6.000 en 2018”.

Síguenos nas redes sociais