Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG critica o bloqueo por parte da CIG das negociacións cos traballadores de Seaga

25 Sep 2018
Santiago, 25 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Silvestre José Balseiros reiterou hoxe no Pleno “a vontade da Xunta a continuar as negociacións cos representantes dos traballadores de Seaga”, pero lamentou que, “unha vez acadados outros acordos para a mellora das condicións destes traballadores, impúxose unha situación de bloqueo por parte do sindicato maioritario CIG que non quixo asinar a constitución das comisións de seguimento”.
 
 

 

Balseiros lembrou “a reunión celebrada o pasado día 18 entre representantes do Goberno galego e delegados das centrais sindicais representativas no sector público autonómico na que se informou que a Xunta está a habilitar as disposicións necesarias para que se modifique a normativa actual e a experiencia dos traballadores de Seaga sexa baremable á hora da súa inclusión nas listas de contratación da Administración galega”.
 
 

 

“Ademais, existe o compromiso  por parte da Xunta de manter o volume de traballo para Seaga xa desde este ano mediante a correspondente encomenda, neste caso para tarefas de prevención durante o período de catro meses”, apuntou.
 
 

 

TAREFAS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN
 
 

 

O deputado popular explicou que “a obriga de que os traballadores de Seaga realicen tarefas de prevención e extinción de incendios durante os meses de alto risco está nas accións e obxectivos da empresa recollidas nos seus estatutos”. “Ditos traballos son fundamentais para reducir a probabilidade de propagación e facilitan notablemente a extinción de incendios forestais”, manifestou.
 
 


Silvestre José Balseiros criticou que “tanto En Marea como o BNG veñan agora con demandas de melloras laborais para os traballadores de Seaga, cando votaron en contra do ditame da Comisión de Estudo sobre política forestal no que se recolle expresamente a creación dun grupo de expertos para mellorar o dispositivo do servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais que redundará en beneficio das condicións laborais destes traballadores”.

Síguenos nas redes sociais