Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG demanda aos socialistas que “se poñan a traballar e fagan unha nova Lei de financiamento local”

25 Sep 2018
Santiago, 25 de setembro de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, demandou hoxe no Parlamento aos socialistas que “se poñan a traballar e fagan unha nova lei de financiamento local, como lle están a pedir os seus propios socios”. “A ver se demandan aos seus compañeiros no Goberno do Estado que se centren en cousas serias e importantes para o país, porque despois de máis de cen días de campaña empeza a acusarse a súa insolvencia e os xestos xa non convencen a ninguén”, sinalou.
 
 

 

Paula Prado lembrou que a iniciativa defendida hoxe no Pleno polo grupo socialista “é a mesma que debatemos tamén en sesión plenaria o pasado 22 de maio e semellante á que abordamos na Comisión 1ª do Parlamento a pasada semana” e afirmou que “danos igual quen estea no Goberno de España, polo que desde o Grupo Popular imos manter a nosa postura de demandar unha mellora da financiación da administración local”.
 
 

 

Así mesmo, criticou que “cando o PSOE gobernou en Galicia, con 2.000 millóns de euros máis que na actualidade, non fixeron nada polos concellos galegos, fronte ao compromiso do actual Goberno galego que, pese a baixada da recadación na Comunidade galega, foi quen de incrementar o Fondo de Cooperación Local en seis millóns de euros respecto ao ano 2008”.
 

Síguenos nas redes sociais