Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG lamenta que En Marea pida “accións ilegais e antidemocráticas” para a xestión da CRTVG

25 Sep 2018
Santiago, 25 de setembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias asegurou esta tarde no Parlamento que En Marea “pretende que a Xunta adopte medidas sobre a xestión da CRTVG que interferiran na xestión da corporación”, algo que cualificou de “ilegal e antidemocrático”. 
 
 

 

“Hoxe traen aquí unha proposta para que a Xunta lles diga aos traballadores da corporación o que teñen que facer, mentres se queixan continuamente de que a radio e a televisión galegas son a voz do Goberno”, asegurou Arias durante a súa intervención.
 
 

 

A deputada popular asegurou que esta contradición ten que ver con que os grupos da oposición “só se senten cómodos no dirixismo e na manipulación”, pero lembrou que “Galicia conta cunha lei que blinda a independencia e a neutralidade informativas nos medios públicos audiovisuais galegos”.
 
 

 

BOAS NOVAS SOBRE GALICIA
 
 

 

Arias considera tamén que á oposición “lle molestan as cousas boas que lle pasan a Galicia”, e confesou que “ante a falacia das súas constantes acusacións, unha empeza a pensar que o que buscan é agocharlle aos galegos as boas noticias sobre a comunidade”.
 
 
 

 

Ademais, cre que á oposición “lle incomoda que se saiba, por exemplo, que Galicia supera en 8 puntos a ratio de cobertura de escolas infantís que recomenda a Unión Europea, que haxa máis de 57.000 dependentes atendidos, que a comunidade veña de acadar o seu récord histórico de exportacións, que o número de emigrantes galegos que volven á súa terra siga crecendo ou que Galicia sexa “pioneira” en recursos de conciliación específicos para o rural, como as casas niño ou as casas do maior”.
 

 

 

MEDIDAS EN TRÁMITE OU IMPLANTADAS
 
 

 

Con respecto ás demandas de En Marea, Raquel Arias explicou que na maior parte se refiren a medidas nas que está traballando a corporación ou mesmo xa implantadas. En concreto, aclarou, unha vez máis, que o Consello de Administración ten un regulamento interno, unhas normas reguladoras da emisión de publicidade, uns criterios reitores da dirección editorial da CRTVG, e que na actualidade se está a traballar na elaboración do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos. De feito, explicou, “xa se mantiveron reunións con todos os sindicatos que teñen representación na corporación”.
 
 


En canto á posta en marcha de ferramentas normativas para evitar inxerencias políticas, Arias lembra que nos artigos 7 e 48 da lei de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia xa se establecen as bases para a autonomía e a independencia funcional da CRTVG. 

Síguenos nas redes sociais