Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Feijóo: “Galicia necesita que unha cidade como Ferrol volva funcionar e José Manuel Rey pode logralo”

22 Sep 2018

22, setembro, 2018. O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que “Galicia necesita que unha cidade como Ferrol volva funcionar e José Manuel Rey pode logralo”.

 

Así se expresaba no Congreso local do PP deste municipio celebrado este sábado, e no que puxo en valor que Rey quixese dar un paso adiante “convencido do que facía” para volver presidir o partido en Ferrol. “Non é fácil renunciar a un político como o que el me demostrou ser”, subliñou Feijóo explicando que perde a un conselleiro preparado, entusiasta, próximo e eficaz e “que cada día durante estes tres anos sempre veu ao meu despacho con solucións”.

 

O presidente aseverou que Galicia inviste hoxe máis que nunca en política social grazas ao esforzo dos galegos e a que o seu conselleiro é José Manuel Rey. Nese sentido, indicou que é imposible comparar o seu balance nestes anos co do Concello ferrolán durante o mesmo tempo porque “é imposible comparar o traballo de quen non parou coa nada”, que é o que se atopa cando un vai máis aló do ruído.

 

Por este motivo, manifestou que os catro anos de Rey como alcalde aínda cobran máis valor xunto cos seus tres anos como conselleiro, xa que o actual Goberno municipal queda aínda máis en evidencia cunha comparación que lles resulta odiosa pola diferenza entre o feito por eles e o que fai o presidente do PP de Ferrol. “Nas próximas eleccións os ferroláns poderán elixir entre quen só cumpriron unha das promesas que dixeron, a de que non viñan ao concello a xestionar; ou José Manuel Rey, que está hoxe aquí porque cumpre sempre co seu deber”, destacou.

 

 JOSÉ MANUEL REY SEMPRE ESTIVO EN FERROL

Ademais, sinalou que o Partido Popular de Ferrol vai máis aló de ser o PP, senón que é un punto de encontro e é a opción política de todos os ferroláns que queren a Ferrol, sen excepción. Por iso, admitiu que estes veciños que queren ao seu municipio saben que esta urbe non pode permitirse catro anos máis de desencontros, non queren ver a súa cidade condenada permanentemente á inestabilidade.

 

O presidente tamén fixo fincapé en que, ademais de a Rey, Ferrol tamén ten a toda a Xunta á súa disposición e lembrou que o Goberno galego traballa para que a intermodalidade chegue á cidade, actúa para devolverlle a dignidade ao Ferrol Vello, licitará nas próximas semanas a mellora e ampliación do hospital Arquitecto Marcide, segue avanzando -a pesar do pasotismo do Concello- no saneamento da ría, construirá unha nova residencia de maiores con 120 novas prazas, e comprometeuse co sector naval.

 

Igualmente, precisou que este municipio contou -a diferenza do que ocorre co Executivo actual- cun Goberno de España que contribuíu a devolver o traballo ás bancadas dos estaleiros, así como cun partido a nivel local que velou polos seus intereses, na rúa e nos plenos.

 

FERROL É UNHA PRIORIDADE

“Para o PP Ferrol é unha prioridade e por iso presentamos a un membro importante do Goberno de Galicia”, dixo Feijóo indicando que o obxectivo dos populares é que este congreso sirva para o futuro desta cidade, xa que pon a disposición a un equipo que funciona, a un líder e a un político que serve con política útil.

Síguenos nas redes sociais