Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento reclama ao Goberno central que inicie de inmediato o plan de rexeneración da ría do Burgo

20 Sep 2018

Santiago, 20 de setembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se reclama ao Goberno do Estado que execute, no máis breve prazo de tempo posible, as partidas económicas que aparecen nos orzamentos do Estado do 2018 e que inclúa nos orzamentos  do 2019 o montante económico complementario necesario para executar o calendario de actuacións, con prazos reais, que permitan o inmediato inicio das obras do plan de rexeneración da ría do Burgo e de recuperación dos bancos marisqueiros, así como o seu dragado, tratamento, limpeza de lodos e todas as accións necesarias para o seu saneamento integral.

 

 

A deputada popular Soraya Salorio demandou que “o Goberno socialista de Pedro Sánchez manteña o compromiso amosado polo Goberno de Mariano Rajoy co dragado da ría do Burgo”, polo que agardou que “o proxecto definitivo para a rexeneración estea listo o antes posible”.

 

Salorio lembrou que o dragado da ría do Burgo “é unha competencia do Estado” e salientou que “a Xunta cumpriu ata o momento cos seus compromisos ao respecto”. “Cando rematen as obras que actualmente se atopan en execución, a presión contaminante da poboación en torno á ría estará en niveis mínimos”, destacou.

 

“Desde o PPdeG estaremos vixiantes para que o dragado da ría do Burgo sexa unha realidade o antes posible e para que o Goberno central execute todos os orzamentos necesarios para esta actuación”, sinalou.

 

Síguenos nas redes sociais