Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado asegura que o PP quere rescatar Ames do desgoberno e da fragmentación para devolverlle estabilidade e crecemento

20 Sep 2018

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que hoxe os populares poñen “a primeira pedra para rescatar Ames do desgoberno e da fragmentación e para devolver ao Concello a unha situación de estabilidade institucional, de crecemento económico e de preocupación polos servizos sociais da cidade”.

Así se expresaba nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Ames onde se oficializou o acordo polo que a formación Pacto por Ames quedará integrada nas filas dos populares neste municipio.

 

O secretario xeral manifestou que, malia que xa hai meses que comezou este camiño, agora os populares dan resposta a unha demanda da cidadanía deste Concello porque “hoxe non é un gran día para o PP senón que é un gran día para Ames”, ao que engadiu ademais que esta é unha xornada de “unidade, de reforzo da nosa estrutura e de ilusión de cara ao futuro que temos por diante”.

 

“Nós sempre dicimos que neste partido non sobra ninguén, senón que falta moita xente”, lembrou Tellado, quen incidiu en que só desde a apertura, a xenerosidade, a integración e a capacidade de sumar se consegue ofrecer un proxecto que consiga representar á maioría da cidadanía.

 

Nese senso, apuntou que o Partido Popular quere ser un proxecto de maiorías, centrado, e con vocación de goberno en todos os concellos de Galicia. “Somos a única garantía de estabilidade política en Galicia e, se houbo un exemplo de inestabilidade política nesta provincia desde 2015, ese foi o Concello de Ames”, subliñou.

 

O PROXECTO DE FUTURO É O DO PP

 

Así mesmo, o número dous dos populares galegos recoñeceu que “o importante é que sexamos capaces de actuar para axudar á cidadanía de Ames", destacando que hoxe os populares son máis útiles e están máis cerca de ser unha alternativa real nesta vila coruñesa.

 

Pola contra, remarcou que os veciños deste Concello non van atopar un proxecto de futuro nun Partido Socialista “que non foi quen de facer nada en catro anos”, nin “nunhas Mareas que levan meses cuxa única preocupación son as súas loitas internas”.

Síguenos nas redes sociais