Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular incide en que o actual Goberno central aplique a compensación de 150 millóns de euros ás industrias electrointensivas

20 Sep 2018
Santiago, 20 de setembro de 2018.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa,  incidiu hoxe no Parlamento en que o actual Goberno central socialista “aplique a compensación de 150 millóns de euros para as industrias electrointensivas que o anterior Goberno do PP deixou prevista nos orzamentos de 2018”.
 

 

“Esta compensación permitirá xerar máis certeza nas empresas electrointensivas de Galicia, como Megasa, Alcoa ou Ferroatlántica; e daría máis garantías para o desenvolvemento da súa actividade e para a comercialización máis competitiva dos seus produtos”, manifestou.
 
 

 

REFORMAS TRANSITORIAS
 
 

 

Marta Nóvoa lembrou que o Goberno do PP “estaba a levar adiante reformas transitorias nas poxas de interrumpibilidade a través de bloques de megavatios máis pequenos para alcanzar a máis empresas, ao tempo que deixaba unha cantidade orzamentada de 150 millóns de euros en axudas baseadas nun apoio íntegro ao prezo da electricidade para estas empresas”.
 
 

 

“Na actualidade, e unha vez celebrada a poxa prevista polo anterior Goberno central, rexistrouse unha perda de case un 40 por cento de retribución en comparación coa do ano 2017 para estas empresas altamente consumidoras de enerxía, o que se traduce nunha perda inmediata de competitividade desta industria, que afecta a máis de 3.500 empregos directos na Comunidade galega, e fai necesario que se apliquen as compensacións previstas polo anterior goberno”, indicou.
 

 

 

AUMENTAR A ENERXÍA RENOVABLE
 
 

 

Así mesmo, e no debate doutra iniciativa sobre medidas para a redución do prezo da electricidade, Marta Nóvoa avogou por “aumentar a enerxía renovable que entra nas poxas eléctricas”, polo que demandou aos grupos da oposición que “non se opoñan a todos os proxectos eólicos que se queren instalar en Galicia”.
 
 


A portavoz popular lembrou que “no pasado mes de marzo había case un 60 por cento de enerxía renovable no mix enerxético e o prezo diario da enerxía non chegaba a 40 euros por megavatio, pero agora a produción de enerxía renovable é a metade e por iso o prezo da luz sobe e ronda os 75 euros por megavatio”. “Se as renovables non chegan para completar a demanda de electricidade, entran no pool as centrais de carbón ou as de ciclo combinado, con prezos de xeración moito máis elevados”, explicou.

Síguenos nas redes sociais