Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular lembra que o Pacto Local asinado polo Goberno bipartito coa Fegamp recollía que os concellos asumían o mantemento dos colexios

20 Sep 2018
Santiago, 19 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos criticou hoxe que a deputada socialista Begoña Rodríguez Rumbo “borre episodios da súa vida como responsable de Administración Local e esqueza que no Pacto Local asinado polo Goberno bipartito do que formaba parte xa se recollía que os concellos se farían cargo do custo do mantemento nos centros de ensino, ademais de que o persoal subalterno que presta os seus servizos nos colexios continuaría mantendo a súa relación laboral coa administración local”. 
 

 

“Non podemos permitir que os socialistas pretendan, unha e outra vez, falsificar a realidade, incluso cando foron os responsables de atribuír competencias no mantemento dos centros docentes aos concellos, primeiro a través da LOE aprobada en 2006 e, pouco máis tarde e a nivel galego, desenvolvendo o Pacto Local durante o Goberno bipartito”, concretou.
 

 

 

TEXTO LITERAL DO ACORDO
 
 

 

Deste xeito, e para que a señora Rodríguez Rumbo e todos os socialistas galegos recuperen a súa memoria, Alberto Pazos deu lectura no debate da proposición non de lei dos socialistas celebrado na sesión da Comisión 1ª celebrada esta mañá ao texto recollido no Pacto Local, subscrito entre o Goberno bipartito e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp):
 

 

 

“(...) Segunda-  O presente acordo marco  non afectará  ao persoal subalterno ou doutro  tipo,   dependente  dos  concellos   que  preste  servizos  nos  centros docentes,  seguirá  desempeñando   as mesmas  funcións  que  xa  ten encomendadas e seguirá dependendo  laboralmente do concello respectivo.
 
 


Terceira.-
A) No que atinxe ás obras de reparación, conservación e mantemento estas son responsabilidade de cada concello, que as debe realizar nos centros de ensino que del dependa. Entre elas se conta, as que de seguido se enumeran so a modo de exemplo:
-Interior: pintura, reparación de carpintería, reposición de portas e outros elementos de carpintería, manillas de portas, cristais rotos, reposicións de bombillas, fallos de electricidade, roturas de tuberías tanto sanitarias como de calefacción ou fecais, fallos no funcionamento da caldeira, limpeza de fosas sépticas, etc.

-Exterior: goteiras no tellado, limpeza e reposición de canalóns e baixantes; pintura, reposición de cristais, limpeza e axardinamento de zonas exteriores e de patios de xogos, conservación e reposición de xogos para alumnos de infantil, desatascamento de conduccións de augas, conservación dos peches perimetrais e das portas de acceso de modo que se impida o libre acceso dende ou para o exterior, etc.”
 
 


O deputado popular salientou o compromiso do actual Goberno galego de colaborar cos concellos no mantemento dos centros de ensino, “que vai máis alá de asumir unicamente o pago do gasóleo, como se establecía no pacto, senón que tamén está a afrontar o pago das caldeiras de biomasa, que non estaban contempladas no acordo asinado en 2008”.

Síguenos nas redes sociais