Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda que a Real Academia Galega e a Real Academia Española homoxeneicen criterios para o uso da toponimia oficial

19 Sep 2018
Santiago, 19 de setembro de 2018.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, defendeu hoxe no Parlamento que a Real Academia Galega e a Real Academia Española inicien un proceso de homoxeneización de criterios para o uso da toponimia oficial.
 
 
“Sería conveniente que ambas academias fixaran un criterio único e baseado no respecto ás leis e entre falantes de distintas linguas á hora de recomendar o uso dos topónimos nas súas formas non oficiais”, sinalou.
 
 

 

César Fernández lembrou que, segundo se recolle na Lei de normalización lingüística, “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”, correspondendo á Xunta a determinación dos nomes oficiais dos municipios, territorios, núcleos de poboación, vías de comunicación interurbanas e topónimos.
 
 


Deste xeito, considerou necesario que a Real Academia Galega e a Real Academia Española “cheguen a un acordo e fixen un criterio único para o uso dos topónimos, de xeito que se eviten polémicas que se repiten con certa regularidade e que non benefician á lingua galega”.

Síguenos nas redes sociais