Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda a En Marea vontade de acordo para esixir ao Goberno central a condonación da débeda do porto de A Coruña

11 Sep 2018
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O deputado popular Martín Fernández Prado demandou hoxe no Parlamento a En Marea “a mesma vontade de acordo amosada onte no Concello de A Coruña para sacar adiante conxuntamente unha proposición non de lei que esixa ao Goberno central a condonación da débeda do porto de A Coruña e a inmediata execución da conexión ferroviaria”.
 

 

Martín Fernández lembrou que gobernos do Estado anteriores “sempre dixeron que non se condonaba débeda a ningunha administración portuaria, pero agora o Goberno socialista de Pedro Sánchez abriu a porta co porto de Valencia, polo que tamén procede esixir a liberación da débeda no caso coruñés”.
 
 

 

CAMBIO DAS REGRAS DE XOGO
 
 

 

“O PPdeG defende os acordos asinados, pero o cambio das regras do xogo que estableceu o Goberno central para Valencia xustifica a aportación de cartos por parte do Ministerio de Fomento para contrarrestar a débeda de A Coruña”, sinalou.
 
 

 

O deputado popular asegurou que “demandamos igualdade de trato para todos os españois e de investimentos sen privilexios”, polo que sinalou que “este Parlamento non pode quedar calado ante o agravio que o Goberno socialista está a facer cos galegos en relación cos valencianos”.
 
 

 

Así mesmo, incidiu que “a Xunta é a única administración que deu pasos en firme a amosou o seu compromiso por escrito para garantir a titularidade pública dos terreos do porto coruñés, quen propuxo a copropiedade tanto a Deputación como a Concello, e quen pon 20 millóns de euros enriba da mesa”.
 
 


“Deste xeito, o Estado debe manter os 140 millóns de euros do tren ao porto exterior, desvinculando o seu financiamento da venta dos terreos”, sinalou.

Síguenos nas redes sociais