Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular reitera que o proxecto da mina de Touro non é viable tal e como foi presentado

11 Sep 2018
Santiago, 11 de setembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco reiterou hoxe no Pleno do Parlamento que o proxecto da mina de Touro “non é viable, tal e como foi presentado ante a Consellería de Industria”. Así mesmo, criticou que En Marea “incida en recortar dereitos democráticos e que a Xunta prevarique e non permita que este proxecto mineiro, como outro calquera, se poida tramitar conforme a lei que o Goberno bipartito da Xunta aprobou en 2008”.
 

 

Moisés Blanco avogou porque a Xunta “siga cumprindo a lei e se continúe coa tramitación administrativa do proxecto mineiro de Touro como calquera outro”, ao tempo que volveu “transmitir unha mensaxe de tranquilidade, porque nunca se autorizará este proxecto se non cumpre con todos os requisitos legais, técnicos e medioambientais”.
 
 

 

NEGATIVA CONSTANTE DE EN MAREA E BNG
 
 

 

O deputado popular lamentou “a negativa constante tanto de En Marea como do BNG respecto do sector da minería”, un sector do que dependen 5.000 postos de traballo directos en 300 empresas e achega máis do 1 por cento do PIB galego.
 
 

 

Blanco lembrou que o anterior Goberno bipartito “aprobou a Lei de minería de Galicia, da que os nacionalistas se sentían moi orgullosos e a través da que concederon máis de 100 permisos de investigación e 43 concesións de explotación”. “Pero unha vez que os galegos os botaron do goberno, comezaron a súa transición cara a trincheira ideolóxica e opóñense a todos os proxectos mineiros”, indicou.
 

Síguenos nas redes sociais