Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG critica o rotundo cambio de opinión do PSOE respecto da suba das peaxes da AP-9: de pretender que as asumira Fomento a defender agora que as sufran os usuarios

06 Sep 2018
Santiago, 5 de setembro de 2018.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, criticou hoxe “o rotundo cambio de opinión vivido polos socialistas galegos, encabezados polo novo delegado do Goberno en  Galicia, en relación á suba da peaxe da AP-9, xa que pasaron de pretender que o Ministerio de Fomento asumira este aumento a defender que sexan os usuarios os que directamente sufran unha suba das peaxes a través do Real Decreto que está preparando o Goberno de Pedro Sánchez”.
 

 

“Non sei que cara lle queda ao voceiro parlamentario dos socialistas coas declaracións do delegado do Goberno difundidas hoxe, porque bota totalmente abaixo a proposta que o señor Leiceaga facía a finais do pasado mes de novembro para que Fomento destinara a ‘perfectamente asumible’ cifra de 300 millóns de euros para asumir as obras de ampliación da AP-9 e deste xeito non repercutise a través das peaxes no peto dos usuarios desta autoestrada”, sinalou Fernández Prado.
 
 

 

ESTUDO RIGOROSO DO GOBERNO CENTRAL
 
 


Así mesmo, Martín Fernández subliñou que “tanto a Xunta como o PPdeG continuaremos loitando, como fixemos en todo momento e gobernara quen gobernara, para o traspaso da titularidade da AP-9 á Comunidade galega, o mantemento da Comisión Mixta Xunta-Ministerio e as súas reunións periódicas, a prestación dun servizo de calidade e a adopción de medidas ante situacións excepcionais no caso de retencións”. Neste sentido, avogou “pola elaboración por parte do Goberno central, que é quen ten competencias sobre a AP-9, dun estudo rigoroso sobre as alternativas ás peaxes e o rescate da actual concesión”.

 

“O señor Losada esquece que a causa desta suba das peaxes na AP-9 está nas obras de ampliación da Ponte de Rande, unha decisión que data do ano 2011 cando o Goberno socialista de Zapatero, con José Blanco de ministro de Fomento, e que foi aprobada 48 horas antes das eleccións xerais”, lembrou o portavoz popular. Neste sentido, engadiu que “a trampa apareceu despois das eleccións, cando na publicación deste acordo se descubriu que incluía unha suba das peaxes do 1 por cento anual durante 20 anos, sen que se dignaran a meter algunha outra medida paliativa para os usuarios”.

Síguenos nas redes sociais