Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG rexistra a proposición non de lei demandando ao Goberno central que cumpra os compromisos adquiridos co grupo Invertaresa

03 Sep 2018
Santiago, 3 de setembro de 2018.- O Grupo Popular rexistrou hoxe a súa proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que cumpra os compromisos adquiridos co Goberno galego na procura da mellor solución para a actividade produtiva e os postos de traballo do grupo empresarial Invertaresa en Galicia
 

 

O grupo Invertaresa, un holding de empresas de capital galego, atópase desde fai dous anos en dificultades para garantir o mantemento da súa actividade e da carga de traballo. A compañía, con sede en A Coruña e con 260 empregados, dos que 170 traballan na Comunidade galega, solicitou a finais de xullo a liquidación de cinco das súas empresas.
 
 

 

REUNIÓN ENTRE ADMINISTRACIÓNS
 
 

 

A iniciativa lembra que a Xunta mantivo desde o primeiro momento reunións coa dirección e o comité de empresa e reclamou ao Goberno central que tivera en conta a Galicia á hora de buscar solucións tras a solicitude realizada de liquidación. Deste xeito, celebrouse un encontro entre as tres administracións implicadas, Estado, Galicia e Castela León (comunidade na que tamén se atopan factorías do Grupo empresarial), a petición da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no que a Xunta ofreceu a súa colaboración para traballar de maneira coordinada e buscar posibles solucións que garantan a viabilidade económica do proxecto empresarial e o mantemento dos postos de traballo das filiais do grupo en Galicia.
 
 


Nesta reunión, a ministra de Industria, Comercio e Turismo comprometeuse a atender as reivindicacións propostas desde a Xunta, entre as que figura a a elaboración dun plan de actuación conxunta para buscar e identificar inversores que garantan a actividade industrial e o mantemento do emprego. Ademais, trasladou á Consellería de Economía, Emprego e Industria a dispoñibilidade do Ministerio para ofrecer as axudas públicas necesarias para garantir a viabilidade dos posibles investimentos.

Síguenos nas redes sociais