Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Galicia, con 279 compromisarios electos e 48 natos, será a cuarta autonomía con máis delegados no Congreso Nacional do PP

12 Jun 2018

12, xuño, 2018. Galicia será a cuarta Comunidade Autónoma con máis delegados no Congreso Nacional do Partido Popular, cun total de 279 compromisarios electos e 48 natos.

 

A militancia delegará o seu voto nos compromisarios, que actúan como representantes que se asignan a cada territorio en función dun dobre criterio: un 75% corresponde ao número de militantes e o outro 25% aos resultados das últimas eleccións xerais nese lugar –a porcentaxe de voto ao PP nos comicios Xerais de xuño de 2016 foi do 41,49%, sendo a forza máis votada con case 20 puntos de diferenza co PSOE-. Nese sentido, cómpre sinalar que o PPdeG conta con máis de 101.000 afiliados en Galicia.

 

Por provincias, Pontevedra conta con 84 compromisarios –dous deles de Novas Xeracións-, A Coruña con 78 –dous deles de NN.XX.-, Ourense con 73 –un deles de NN.XX.- e Lugo con 44 –un deles de NN.XX.-. Á súa vez, cada sede provincial asignará aos representantes correspondentes de cada concello nos comités locais que se celebrarán a partir de hoxe e nos próximos días.

 

Ademais dos electos, entre os compromisarios natos atópanse os catro presidentes provinciais, o presidente do Parlamento galego, os alcaldes das capitais de provincia e todos os integrantes do Comité Executivo nacional, así como senadores, deputados do Congreso e eurodeputados.

 

Hai que lembrar que foi o propio Mariano Rajoy o encargado de anunciar onte a data do vindeiro conclave nacional do partido, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo en Madrid, e que servirá como punto de partida para un proceso de renovación interna da formación onde a militancia terá un papel fundamental, xa que será a encargada de escoller ao novo presidente do Partido Popular. De feito, trátase do primeiro congreso no que os militantes terán voto directo sobre os aspirantes a presidir o partido.

                

Síguenos nas redes sociais