Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Raquel Arias salienta que a radio de cobertura en escolas infantís incrementouse un 15,4% na provincia de Lugo dende 2009

22 Dic 2017

Santiago, 21 de decembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias puxo hoxe no Parlamento que “Galicia é pioneira en España en políticas demográficas en xeral e de familia en particular”. En concreto, e referíndose á provincia de Lugo, salientou que a ratio de cobertura de prazas sostidas con fondos públicos de 0 a 3 anos e do 36,82 por cento, o que supón un 15,4 por cento máis con respecto ao ano 2009.

 


Salientou tamén que, con respecto ao ano 2009, a Xunta incrementou nun 126 por cento o orzamento dedicado á familia, ata ascender no vindeiro exercicio a 133 millóns de euros, un 8 por cento máis que en 2017. “Pasamos de 12.700 prazas en escolas infantís en Galicia en 2009 a contar con 23.000 en 2017”, engadiu.


MÁIS DE 2.100 PRAZAS EN LUGO


Na provincia de Lugo, neste curso 2017-2018 ofertáronse 2.137 prazas, entre as 18 escolas infantís que xestiona directamente a Xunta, os 19 Puntos de Atención á Infancia, as de iniciativa social, e as que aportan as oito casas niño operativas.


Ademais, o vindeiro curso disporáse de 82 prazas máis coa entrada en funcionamento dunha nova escola infantil na cidade de Lugo, ás que haberá que sumar as das novas Casas Niño que se poñan en marcha a cargo da orde de axudas deste ano.


222 FAMILIAS BENEFICIADAS DO BONO CONCILIA


A deputada popular tamén explicou na súa intervención que 222 familias lucenses beneficiáronse en 2016 do Bono Concilia. E que no que respecta ao curso 2017-2018, lévanse concedido ata agora 392 bonos, unha cifra que aínda podería incrementarse. En calquera caso, a Xunta dedicará ao pago deste bono concilia  preto de 382.000 euros, o que supón case 200.000 euros máis que en 2016.
Ademais, nos dos últimos anos repartíronse en Lugo 2.765 tarxetas benvida, que tamén poden incrementarse antes de pechar ano.


A deputada popular salientou que, ao coste de funcionamento e persoal destes servizos de atención á infancia sostidos con fondos públicos, hai que engadirlle o investimento de mantemento das propias instalacións.


Así, concretou que a Xunta dedicou este ano ás garderías que forman parte da rede Galiña Azul preto de 220.000 euros e concedeu axudas para melloras a 14 Puntos de Atención á Infancia, por importe de máis de 370.000 euros, entre as que se atopan as de Guitiriz, Lugo e Monforte; e para as entidades privadas de iniciativa social. De feito, dúas iniciativas destas características enclavadas en Sarria recibiron máis de 75.000 euros.

Síguenos nas redes sociais