Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

A vicevoceira do GPP defende que o Goberno galego aprobe un novo plan de medidas para a contratación pública no sector público autonómico

26 Abr 2017

Santiago, 26 de abril de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, defendeu hoxe no Parlamento que o Goberno galego “afonde nas medidas xa aplicadas nos últimos anos de mellora da contratación e aprobe un novo plan de medidas para a contratación pública no ámbito do sector público autonómico”.


En concreto, Prado dixo que este novo plan incorporaría “as novas normas e directivas comunitarias que inciden na contratación, os posicionamentos e estudos da Comisión Europea en materia de competencia e prevención da corrupción e incluiría medidas de actualización da formación dos empregados públicos nesta materia”.


ACCIÓNS XA REALIZADAS


“Consideramos razoable e necesario a elaboración deste novo plan tendo en conta que a vixencia do actual remata este ano e está prevista a entrada en vigor das leis 39/15 e 40/15, que inciden na contratación electrónica; a eficacia directa das directivas europeas de contratación pública; a inminente aprobación da nova lei de contratos do sector público; e os distintos documentos que foron elaborando a Comisión Europea, a oficina estatal antifraude ou Competencia en materia de corrupción”, sinalou.


Paula Prado lembrou que a Xunta xa levou adiante nos últimos anos accións en materia de loita contra o fraude nas licitacións. Así, explicou que a Lei de racionalización “recolle dúas medidas concretas dirixidas a loitar contra o fraude nas licitacións, como non invitar a empresas vinculadas nos procedementos negociados e a denuncia ao Consello Galego da Competencia si se advirten prácticas deste tipo”.


“Tamén podemos falar do código ético na Xunta, tanto no referente á publicación das aclaracións na plataforma de contratos para garantir a igualdade de todos os licitadores e evitar o falseamento da competencia, así como a regulamentación do código ético en relación cos regalos”, indicou.

Síguenos nas redes sociais