Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Núñez Centeno:"O transporte sanitario urxente é o servizo sanitario mellor valorado polos galegos "

25 Abr 2017

Santiago, 25 de abril de 2017.- O portavoz de Sanidade do  Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou esta mañá no Parlamento que o transporte sanitario urxente é “o servizo sanitario mellor valorado por parte da cidadanía galega e considerado por outras comunidades autónomas como modelo de actuación”.


Núñez Centeno lembrou que enquisas recentes determinaron que os galegos volverían a utilizar o servizo público de transporte sanitario non urxente nun 98,9 por cento dos casos, puntuando o servizo cunha nota do 9,1 sobre 10.


MEDIOS SUPERIORES AO PREGO


“Queremos felicitar ao persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia e das distintas empresas que prestan este servizo polo seu magnífico traballo, porque o seu labor é o que permite que sexa o mellor valorado polos cidadáns”, salientou.


Con respecto aos recursos existentes, Aurelio Núñez explicou que “a día de hoxe hai dous helicópteros medicalizados, 11 ambulancias de soporte vital avanzado e 106 de soporte vital básico, uns medios superiores aos contemplados no prego de contratación”.

Síguenos nas redes sociais