Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O PPdeG lembra que o Concello de Sanxenxo é o responsable de realizar as medidas correctoras na praia de Carabuxeira

20 Abr 2017

Santiago, 19 de abril de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, lembrou hoxe no Parlamento que o Concello de Sanxenxo é o responsable de levar adiante as medidas reparadoras sobre a praia da Carabuxeira, tal e como se recolle nas resolucións ditadas pola Xustiza.


Trenor indicou que “Portos de Galicia limítase a actuar na praia de Carabuxeira seguindo estes ditames xudiciais, que poñen de manifesto que este ente público non é a administración legalmente competente para proxectar nin executar as medidas correctoras que se requiren”.


“O Concello de Sanxenxo, como titular da empresa Nauta, é quen ten que executar estas medidas correctoras na praia de Carabuxeira, unha vez que asumiu todas as responsabilidades atribuídas no seu momento á concesionaria, así como as derivadas da súa actuación”, subliñou.

Síguenos nas redes sociais