Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento insta á Xunta a mellorar a seguridade viaria da estrada LU-664 ao seu paso por Monforte de Lemos

19 Abr 2017

Santiago, 19 de abril de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa da deputada popular Julia Rodríguez, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta a estudar as medidas que sexan oportunas para mellorar a seguridade viaria da estrada LU-664 ao seu paso por Monforte de Lemos, en concreto no tramo da ronda María Emilia Casas Baamonde e con especial atención á confluencia desta ronda coa rúa Corredoira e Abeledos, e a estrada de Currelos.


Julia Rodríguez manifestou que “estamos ante unha vía principal da cidade de Monforte, que ten uns tránsitos importantes, un nivel de sinistralidade considerable e que é susceptible de actuacións que melloren de modo apreciable a seguridade viaria da mesma”.


SEGURIDADE EN TODO O TRAMO


Neste sentido, recordou que “nos últimos anos xa se incorporaron melloras de seguridade viaria, pero o feito de que agora esta estrada reciba fluxos de tráfico dos accesos á VAP Lugo-Monforte e as peculiaridades dos accesos ao entorno do Hospital Comarcal de Monforte e o abundante tráfico que xera este centro sanitario, aconsellan incrementar as medidas de seguridade viaria”.


 “O número de accidentes que se producen nesta estrada, aínda que se trate de sinistros de distinta índole no que atinxe a danos materiais e persoais, dan conta de que é preciso incrementar as medidas de seguridade viaria con que conta e implementar outras novas a fin de garantir a indemnidade dos seus usuarios”, sinalou a deputada popular.


Deste xeito, Rodríguez subliñou que “a mellora da seguridade viaria debe ser considerada en todo o tramo da ronda María Emilia Casas Baamonde, por existir múltiples accesos susceptibles de mellora, pero de maneira especial na súa confluencia coas rúas Corredoira e Abeledos e a estrada de Currelos”.

Síguenos nas redes sociais