Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Parlamento aproba espallar o coñecemento da obra, o pensamento galeguista e a súa labor no eido da normalización lingüística de Carlos Casares

11 Abr 2017

Santiago,  11 de abril  de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, na sesión da Comisión 4ª de Educación e Cultura, demandar á Xunta a impulsar e desenvolver iniciativas que contribúan a afondar e espallar o coñecemento da sobra literaria, o pensamento galeguista e a importante labor no eido da normalización lingüística, da modernización da cultura e na dignificación da lingua galega de Carlos Casares Mouriño con ocasión de adicarlle  o Día das Letras Galegas neste ano 2017.


O deputado popular Carlos Gómez Salgado, encargado da defensa da iniciativa,  destacou a semblanza do escritor ourensán que fixeron os membros da RAG considerándoo “unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX”, salientando a súa condición de narrador, ensaísta, articulista, editor e dinamizador cultural.


Recordou que unha das súas grandes herdanzas na I Lexislatura do Parlamento de Galicia, na que foi elixido deputado, foi o espírito de consenso que fructificou na Lei de Normalización Lingüística.Carlos Casares, recordou o deputado Carlos Gómez, compaxinou unha extensa creación literaria cunha non menos intensa actividade cultural e institucional, dirixindo Galaxia e a revista Grial, presidindo o PEN Club de Galicia, que axudara a nacer, e tamén no Consello da Cultura Galega, entre outros.


 Na iniciativa popular, aprobada por unanimidade e engadindo unha emenda da oposición,  tamén se solicita da Xunta contribuír á conservación, divulgación, coñecemento e posta en valor do seu legado material e cívico máis alá do ano 2017, no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Síguenos nas redes sociais