Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Tellado asegura que nas Mareas son máis duros polos seus problemas internos, do que o chegou a ser o PPdeG coa súa xestión

07 Abr 2017

Santiago, 7 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá “en Galicia hai goberno, pero non hai unha oposición construtiva senón autodestrutiva”. Deste xeito, subliñou que, malia que custaba imaxinalo, nas Mareas de Podemos son entre eles máis duros polos seus problemas internos, do que o chegaron a ser os populares co seu labor na xestión municipal.

Segundo sinalou, “unha vez máis, vemos como a chamada nova política presenta os peores vicios da vella”. “Vemos a unha persoa que perdeu unhas eleccións estrepitosamente manobrar para aferrarse a un cargo, vemos a alcaldes xogando á política autonómica e conspirando contra o suposto líder, e vemos a sectores pelexándose porque queren máis cota nunha executiva”, engadiu.

 

Ante este panorama, Tellado apuntou que o Partido Popular sente unha fonda tristeza porque non ter en fronte un partido serio co que pactar grandes cuestións de país, pero tamén un fondo sentido da responsabilidade, que os invita a non descansar nin relaxarse. Nese sentido, indicou que “Galicia necesita máis ca nunca un proxecto moderado, serio, e rigoroso, que xestione as institucións velando polos intereses dos cidadáns, e non poñéndoas a servizo dos intereses partidistas”.

 

CONTINUAR COA FOLLA DE RUTA
Tellado tamén comentou o contido do Comité de Dirección que os populares celebraron onte e aproveitou para destacar que transcorreu sen ningún incidente, xa que, como sinalou, “vivimos un tempo curioso na política galega, no que é noticia que unha reunión dun partido a nivel autonómico transcorra con normalidade”, en referencia aos constantes espectáculos que nos depara cada semana a esquerda galega.

 

Como informou, esta xuntanza serviu para definir unha intensa axenda de actos e seguir traballando na folla de ruta que debe seguir o partido nos vindeiros meses. Tellado avanzou que quedou refrendada a necesidade de afondar co proceso de renovación a nivel local, despois de terse celebrado 17 congresos no primeiro trimestre, e contar con celebrar outros 10 nos vindeiros dous meses -dos cales, o primeiro será esta fin de semana na localidade coruñesa de Mugardos-.

 

Así mesmo, o número dous do PPdeG fixo fincapé en que, entre as ambicións dos populares, tamén está a de sacar o partido á rúa para dar resposta ás peticións que nos fan os cidadáns, polo que traballarán en actividades formativas ou encontros con afiliados e simpatizantes.

 

RIGOR NA XESTIÓN
Durante a súa intervención, Tellado tamén celebrou que Galicia vaia poder convocar a súa Oferta Pública de Emprego en Educación, con máis de 1.000 prazas neste exercicio.

 

O secretario xeral salientou que o Goberno lanzou esta convocatoria no primeiro Consello no que tivo a seguridade xurídica necesaria para facelo, como prometeu e como volverá a facer en Sanidade. Pola contra, lembrou que a posición dos socialistas foi pedir que se convocasen as oposicións ao mesmo tempo que lles daban marcha atrás nas Comunidades nas que gobernan.

 

“Así, o Goberno de Alberto Núñez Feijóo demostrou unha vez máis o seu rigor na xestión, o seu compromiso cos servizos públicos, e o seu compromiso coas condicións laborais dos traballadores de Galicia”, remarcou.

Síguenos nas redes sociais