Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O Grupo Popular apoia demandar a Fomento os investimentos precisos para garantir un servizo ferroviario de ancho métrico nas mellores condicións

05 Abr 2017

Santiago, 5 de abril de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se solicita ao Ministerio de Fomento para que realice os investimentos precisos para garantir un servizo ferroviario de ancho métrico (RENFE-FEVE) polo territorio galego nas mellores condicións posibles.


O deputado popular Daniel Vega puxo de manifestou a “preocupación permanente” do PPdeG pola liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo e asegurou que desde a Xunta “vénse reiterando ante o Ministerio de Fomento e ante a propia operadora de Renfe a necesidade de contar con servizos ferroviarios competitivos que respondan á mobilidade dos veciños das comarcas de Ferrol, Orteal e A Mariña lucense”.


IMPULSO DE NOVOS SERVIZOS


Así mesmo, Daniel Vega apuntou que “imos traballar polo impulso de novos servizos de comunicación de transporte rodado, co obxectivo de ir mellorando paralelamente outros servizos de transporte, ademais do ferroviario”.


Vega criticou que o BNG pretenda “que se traspasen á Xunta uns servizos ferroviarios deficitarios, dicíndolle aos galegos que teñen que pagar do seu peto por estes servizos”. “Subdividir as competencias non as fai máis viables, senón máis deficitarias”, asegurou.

Síguenos nas redes sociais