Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

O GPP afirma que Galicia pode achegar ao Pacto de Estado pola Educación a súa experiencia en novas tecnoloxías, ensino plurilingüe ou FP

04 Abr 2017

Santiago, 4 de abril de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández Gil, manifestou esta tarde no Parlamento que a Xunta pode achegar ao Pacto de Estado pola Educación “a súa experiencia en ámbitos claves como as novas tecnoloxías, o ensino plurilingüe, a formación profesional ou a mellora e adaptación do sistema universitario galego á realidade socioeconómica do territorio”.


Máis en concreto, César Fernández indicou que “as bases dun acordo  dun acordo deben contemplar a flexibilización de itinerarios ou currículos flexibles para alumnos con maiores necesidades educativas ou situacións sociofamiliares complexas; lograr que ata os 18 anos non se marche ningún alumno dos centros educativos; ou favorecer que os titulados na formación básica obrigatoria se acerquen ao 100 por cento”.

 


FOROS VARIADOS


Fernández Gil lembrou que nestes momentos existen varios foros nos que se está a traballar pola consecución dun pacto de Estado social e político pola educación, como a subcomisión do Congreso dos Deputados; a Comisión Xeral de Comunidades autónomas, que se reuniu o pasado 27 de marzo e dentro da que se creou unha ponencia para o desenvolvemento do pacto; o grupo de traballo dentro da Conferencia Sectorial de Educación, integrado por representantes do Goberno e das comunidades autónomas; ou a solicitude para a creación doutro grupo de traballo no que a comunidade educativa, no seo dos consellos escolares, vaia elaborando outros documentos que se axusten e respondan ás súas necesidades.


“Quizais sexa o momento de definir de xeito claro o procedemento a seguir, xa que unha sucesión ilimitada de órganos de debate podería complicar e enredar o procedemento de elaboración do pacto ata limites insospeitados, retrasando tortuosamente todos os traballos”, sinalou o portavoz popular.


Deste xeito, César Fernández considerou que “este non é o momento de definir unha posición estática e única de Galicia no proceso, porque nos atopamos nunha fase dinámica do procedemento de elaboración do pacto”. “Non é o momento de limitar voces nin de fixar posicións, senón que debería quedar para máis adiante a oportunidade ou non de definir unha posición única de Galicia se os intereses da comunidade autónoma foran atacados”, concretou.

Síguenos nas redes sociais