Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 10 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular e coa única abstención do PSOE, a través da que se demanda ao Goberno central que habilite de maneira urxente os mecanismos legais correspondentes para transferir a Galicia os 700 millóns de euros comprometidos para 2019 e que aínda lle adebeda, dos que 330 corresponden ás entregas á conta de 2019, 200 millóns da devolución da mensualidade do IVE de 2017 e 170 dos incentivos por cumprir todos os parámetros de estabilidade orzamentaria en 2017 e 2018.
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe no Pleno aos grupos da oposición que  “deixen de hostigar a aqueles galegos que, no uso da súa liberdade persoal, exercen actividades lexítimas e legalmente amparadas”. Neste sentido, sinalou que “pretenden impoñer todo aquelo que lles gusta e prohibir todo aquelo que lles disgusta”.
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita ao Goberno central unha programación inmediata de carga de traballo suficiente para os estaleiros de Navantia en Ferrol.
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, amosou hoxe “a nosa oposición á limitación de prezos no aluguer de vivendas, logo de que esta medida fracasara naqueles sitios onde se implantou, como Francia ou Alemaña”. “O que se está a demostrar é o acerto da Xunta co seu Programa de Vivendas Baleiras, cuxas medidas están a ser implantadas agora noutros países, como Portugal”, indicou.
Santiago, 10 de xullo de 2019.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou hoxe no Parlamento que a nova Lei de rehabilitación e rexeneración urbana, que recentemente entrou en vigor, “permitirá axilizar os expedientes relativos ao patrimonio cultural galego, xa que simplifica os trámites e facilita a concesión de licencias directas por parte dos concellos”.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe que o Servizo Galego de Saúde manterá habilitadas este verán o 88,3 por cento do total das camas existentes nos hospitais galegos, 13 puntos máis que a ocupación media que se rexistrou no período estival dos últimos anos.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- O Grupo Popular apoiará no Pleno a solicitude ao Goberno  do Estado para que transfira a Galicia as competencias de xestión das bolsas de axuda ao estudo, así como os recursos económicos correspondente a elas.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Maribel Novo Fariña demandou hoxe no Pleno do Parlamento que se retome a mesa de diálogo, creada en 2017 coa participación das principais entidades do ámbito das artes escénicas galegas, para tratar da situación actual do Centro Dramático Galego (CDG) e do papel dunha compañía pública de produción teatral no contexto da Galicia do século XXI.
Santiago, 9 de xullo de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo afirmou hoxe no Pleno que desde o PPdeG “apoiamos inequivocamente a liberdade da muller e que elixan ou non ser nais”. Así mesmo, asegurou que en Galicia estase a cumprir a Lei de saúde sexual e reprodutiva, “como supoñemos que se fai no resto das comunidades autónomas, porque as leis están para cumprilas por todos os gobernos”.