Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Santiago, 4 de setembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que a Xunta “xa ten iniciadas máis do 70 por cento das medidas incluídas no Plan galego de atención primaria 2019-2021 e ten previsto rematar a súa implantación antes de que remate o presente ano”.
Santiago, 4 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia reiterou hoxe, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, a solicitude ao Goberno central para que articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita (UPA) para incrementar canto menos ata 475 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando.
Santiago, 4 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Parlamento galego a nova cociña no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense “seguirá a ser xestionada directamente polo Servizo Galego de Saúde e non só se manterán todos os postos de traballo actualmente desempeñados por persoal estable, senón que se incrementarán con profesionais titulados en dietética e nutrición, ademais dun novo cociñeiro”.
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O deputado do Grupo Popular Miguel Prado Patiño salientou hoxe “a implicación e o traballo que vén desenvolvendo a Xunta de Galicia ante a sobrepoboación de xabarís, un problema que non é exclusivo de Galicia, porque supón un desafío a nivel europeo para artellar medidas que permitan manter o equilibrio da especie e a práctica da caza”.
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a regular, antes de finalizar o 2019, as excepcións á prohibición de pastoreo que se prevén no apartado 2 do artigo 43 da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios de Galicia, sempre que se acrediten perdas de difícil reparación ou a inexistencia de alternativas ao pastoreo dentro da mesma comarca. Así mesmo, o Grupo Popular apoiou solicitar á Xunta que elabore un mapa de solos que os clasifique en función das súas aptitudes, incluíndo un catálogo de solos de alta produtividade agropecuaria.
Santiago, 3 de setembro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que solicita unha serie de medidas en defensa da central térmica de As Pontes, como a supresión do céntimo verde para o carbón, a compensación de pagos pola dispoñibilidade para cubrir a demanda en horas punta do sistema eléctrico ou o establecemento de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética.
3, setembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que Galicia sexa a segunda Comunidade Autónoma co mellor dato na evolución anual do paro de agosto, pero lamentou que o “efecto Sánchez” xa comece a lastrar a nosa economía. “A inestabilidade política que trouxo o presidente socialista ten reflexo no emprego”, aseverou.
Santiago, 2 de setembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “existen distintas formas” para que o Goberno de Pedro Sánchez transfira á Comunidade galega os 700 millóns que lle debe das entregas a conta, o IVE e as compensacións por ser unha comunidade cumpridora. Neste sentido, en referencia ao secretario xeral dos socialistas galegos manifestou que “sorprende que quen pretende defender os intereses de Galicia o estea facendo dunha forma máis sanchista que Pedro Sánchez, apoiando unha posición inasumible do Goberno de España que prexudica dunha forma importante a Galicia”.
30, agosto, 2019. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que, mentres Feijóo foi o primeiro en pedir que o Goberno central pague o que lle debe ás autonomías, Gonzalo Caballero está sendo a última persoa en España en defender a Pedro Sánchez.