Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

Vigo, 15 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta mañá que España non merece a un Pedro Sánchez maleducado e á desesperada como vimos onte no debate electoral senón que merece un Rajoy sólido, seguro, educado e presidencial. Segundo Feijóo, o xefe da oposición demostrou que non está á altura de responder a este reto que afronta España posto que nin el nin o PSOE son cribles cando falan da unidade, xa que pactaron con Esquerra sempre que o precisaron; nin cando dan leccións de economía tras ter afundido o país na peor crise; nin cando dan leccións sobre democracia, pero apóiase na extrema esquerda alá onde puideron, para desprazar ao partido máis votado. “Ninguén dubida que volverían facelo tralas eleccións xerais”, aseverou. A MELLOR MINISTRA DE FOMENTO NO MOMENTO MÁIS DIFÍCIL Así o valoraba o líder do PPdeG nun almorzo informativo no que presentou á cabeza de lista do partido por Pontevedra para o Congreso, Ana Pastor. Alí, Feijóo puxo en valor que a candidata forma parte do Goberno que axudou ao país a saír do pozo da crise e comezar o camiño da recuperación. “Ana Pastor foi a mellor ministra de Fomento…
PEDRO PUY AVANZA QUE NOS PLENOS DA VINDEIRA SEMANA PROCEDERASE AO DEBATE PARA APROBAR AS LEIS DE ORZAMENTOS, DE MEDIDAS FISCAIS E DE TRANSPARENCIA ·    Sobre a Lei de transparencia, Puy apuntou que “vai incidir moi directamente na mellora das nosas institucións e na mellora de prevención de calquera risco de desviación do bo uso dos nosos recursos” Santiago, 14 de decembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe algunha das cuestións previstas para as sesións plenarias do Parlamento que se celebrarán a vindeira semana, nos que procederá ao debate e aprobación dos orzamentos da Xunta para 2016, a Lei de medidas fiscais e administrativas; e a Lei de transparencia e bo goberno. Pedro Puy explicou que, á espera de que na reunión da Xunta de Portavoces que terá lugar mañá se concrete a estrutura do debate, o Pleno de aprobación definitiva dos orzamentos da Xunta para 2016 será o primeiro que se leve a cabo de acordo coa reforma do regulamento do Parlamento aprobada recentemente e na que “haberá un debate conxunto de todas as seccións onde os portavoces terán un tempo suficiente para expoñer un discurso amplo sobre as medidas orzamentarias”. EMPUXAR A ECONOMÍA…
Ribeira, 14 de decembro de 2015.- O Presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, afirmou esta tarde en Ribeira que “só o voto ao PP se sabe onde empeza e onde acaba, o resto nin se sabe porque todo son incertezas”. “O voto seguro é o voto ao PP, que empeza no PP e acaba nunha xestión responsable, no crecemento, na creación de emprego, nas pensións, no investimento en Galicia e, en definitiva, nunha España mellor”, indicou. Feijóo participou esta tarde nun mitin en Ribeira, no que estivo acompañado do presidente do PP local, Manuel Ruíz Rivas, e do candidato número tres do PP ao Senado pola provincia de A Coruña, José Luis Torres Colomer. GOBERNOS SÓLIDOS E COHERENTES Na súa intervención, o Presidente galego asegurou que “os galegos somos de gobernos sólidos e coherentes”, polo que alertou que o vindeiro domingo “nos xogamos que non se repita no Goberno central a desfeita de pasados gobernos bipartitos e tripartitos en Galicia, ou a das deputacións e dos concellos que goberna Podemos co apoio do PSOE”.  “Xogámonos que os investidores sigan confiando nunha España que crece pilotada por Mariano Rajoy; que España sexa noticia polos empregos que crea, e…
Vilalba, 14 de decembro de 2015.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que para estas eleccións xerais só hai unha candidatura de certezas mentres que as outras nove son dúbidas e preguntas sen resolver. Segundo o mandatario, esa candidatura das certezas é a do PP, capaz de garantirnos saber que Mariano Rajoy será o presidente, tendo un proxecto de goberno e con propostas de futuro para Galicia e para España  Pola contra, Feijóo dixo que as outras nove candidaturas non teñen respostas e farían candidato á presidencia a calquera con tal de non cumprir a vontade maioritaria.  Así se expresaba o dirixente no almorzo informativo celebrado esta mañá en Vilalba no que presentou ao cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, e ao candidato número un ao Senado por esa mesma provincia, José Manuel Barreiro. Na súa intervención, Feijóo quixo salientar que hoxe a provincia é noticia porque o Partido Socialista e o BNG levan meses pelexando entre eles ou porque a única preocupación do PSOE era facer unha moción de censura na Deputación. Nese senso, o presidente sinalou que os socialistas deixaron de pensar nos problemas dos veciños para pensar só…
Pontevedra, 13 de decembro de 2015.- O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Mariano Rajoy é un voto a favor dun goberno en serio e non a burla do todos contra todos do resto de partidos. O dirixente galego participou nun mitin que tivo lugar na cidade de Pontevedra onde estivo acompañado polo presidente local do PP, Jacobo Moreira, pola candidata número tres ao Congreso por Pontevedra, Pilar Rojo, e pola cabeza de lista ao Congreso por esa mesma provincia, Ana Pastor. Alí o presidente asegurou que os votos ao seu partido son en serio porque, pese ao moito que acadaron estes anos, aínda hai obxectivos por cumprir como asegurar que o país siga crecendo e creando emprego. Na mesma liña, indicou que as familias precisan dun goberno que as apoie para conseguir chegar con máis folgura a fin de mes, afirmando que gobernar supón unha enorme responsabilidade que hai que exercer. Pola contra, Feijóo sinalou que é unha burla que o resto de partidos só estean preocupados por se lles saen as contas para pactar nos despachos de costas á xente e por ver como poden desacreditar ao adversario.  Deste xeito, asegurou que iso é o…
Sarria, 12 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o apoio de Galicia para que sexa tan importante calquera concello ou parroquia galega como Madrid ou Barcelona. Na súa intervención no mitin celebrado en Sarria, onde estivo acompañado pola candidata número catro ao Congreso por Lugo, María Ana Fernández Castro, e polo cabeza de lista ao Senado por esa mesma provincia, José Manuel Barreiro; o líder dos populares galegos destacou que o Partido Popular é a única forza política que ten un proxecto de país para toda España en conxunto pero tamén para cada comunidade autónoma e para cada parroquia e aldea de Galicia.  Segundo destacou, iso é así porque o PP non é un partido só das grandes capitais, senón que o seu grande capital é contar con militantes en cada parroquia, en cada aldea e en cada concello de España. Neste senso, Feijóo aseverou que a política non está nos platós de televisión, senón en cada concello, onde está tamén un só partido, que é o PP. Con respecto a isto, aconsellou sospeitar dos políticos que coñecen máis platós de televisión das capitais que concellos galegos e asegurou que nunca serán o presidente…
Vigo, 11 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que só os populares contan con ideas concretas de emprego para a mocidade. Así se expresaba o líder do PPdeG en Vigo, nun acto con membros de Novas Xeracións, no que tamén estiveron presentes o presidente da organización xuvenil autonómica, Diego Gago, a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes, e a candidata ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor.  Alí, o dirixente popular lembrou a proposta de Rajoy sobre a exención do pagamento do IRPF para aqueles que acceden ao seu primeiro contrato, o que se une á axuda de 500 euros para que os contratos sexan fixos e, así, de maior calidade. Como sinalou, os populares están convencidos de que investir na xuventude trae resultados e que o país vai mellor canto máis se pode involucrar á mocidade no seu progreso.  Por tanto, ve preciso seguir intensificando este apoio con ambición, na mesma liña que se veu facendo nos últimos anos, por exemplo cando os populares decidiron transformar o sistema educativo a través dos idiomas, a mobilidade, a tecnoloxía e a autonomía dos centros.  Así mesmo, tamén lembrou que o Goberno do PP en Galicia…
Pontevedra, 11 de decembro de 2015.- “Sementamos responsabilidade, unidade, rigor, perseveranza; e estamos a recoller crecemento, confianza, certeza e recuperación”, asegurou esta mañá o presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro con empresarios celebrado en Santiago. Na súa intervención, subliñou que nas eleccións do 20 de decembro “nos xogamos que a economía española siga ofrecendo máis certezas ca dúbidas, que o noso país siga atraendo aos investidores e non repeléndoos como hai catro anos”, polo que “necesitamos o voto que asegure máis estabilidade e máis seguridade para o futuro do país”. Feijóo participou nunha comida-mitin con empresarios representados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, e polas asociacións AEMPE e AJE. Alí tamén estivo acompañado polo presidente local, Jacobo Moreira, pola cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Na súa intervención indicou que “a decisión política que todos os cidadáns estamos chamados a tomar o domingo 20 de decembro ten consecuencias tanxibles e intanxibles: as primeiras, son coñecidas por todos e están reflectidas nos indicadores macroeconómicos; e as segundas, máis difusas, pero que teñen que ver con restablecer a confianza, tanto dos empresarios, como dos investidores…
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2015.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que o obxectivo e o compromiso do PP é incentivar o emprego e salienta que a Galicia de 2020 será unha comunidade mellor para vivir e traballar. Así se pronunciaba o dirixente nunha visita á cidade de Santiago de Compostela onde tivo unha reunión con representantes da Cámara de Comercio e empresarios da cidade, e na que estivo acompañado tamén polo presidente do PP local, Agustín Hernández, a canditada número dous ao Congreso pola provincia de A Coruña, Marta González, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Cristina Cifuentes. Alí, o mandatario fixo fincapé en que a Comunidade de Madrid e Galicia coinciden na súa forma de facer unha política económica que activa ás persoas que aínda seguen co problema do desemprego, poñendo de manifesto que en ambas comunidades baixaron a porcentaxe de desempregados. Segundo explicou o dirixente, isto logrouse pola súa política de gasto público, controlando o déficit e sen precisar acudir aos fondos de liquidez nin de provedores. “Son comunidades solventes que chegan a fin de mes, teñen o autogoberno garantido e a recesión económica non diminuíu a súa autonomía”, engadiu.…