Utilizamos cookies para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo. Más información Política de Cookies

23, agosto, 2019. O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, referiuse, esta mañá, á inacción do Goberno socialista e aos 700 millóns de euros que lle adebeda a Galicia. Neste punto, reclamou ao Executivo de Pedro Sánchez unha “actuación decidida” para transferir eses cartos que, tal e como apuntou, “Galicia necesita e lle corresponde”. “Un diñeiro -continuou Tellado- que é de todos os galegos e que o Goberno de España retén de forma irresponsable e inxustificada”.
Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado indicou hoxe en rolda de prensa que “o PSOE de Baleares, de Asturias, da Comunidade Valenciana ou de Estremadura defenden mellor os intereses de Galicia que o PSdeG-PSOE” en referencia a reivindicación da transferencia dos fondos “que xa están recadados e no poder do Goberno e que comprometen o normal funcionamento dos servizos públicos das CCAA”.
Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado indicou hoxe en rolda de prensa que  “desde o PPdeGalicia queremos sumarnos a preocupación de toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal sobre a incerteza no futuro da central térmica de As Pontes”. Así, indicou que “non estamos en contra da transición ecolóxica, pero o que pedimos son medidas paulatinas, progresivas, que non poñan en perigo o emprego dos galegos”.
Santiago, 21 de agosto de 2019.- O vicevoceiro do Grupo Popular Miguel Tellado fixo hoxe en rolda de prensa unha posta en valor das actuacións que está a acometer a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en 22 centros de ensino das catro provincias galegas ao abeiro dos fondos de superávit, que recordou que a oposición non respaldou esta inversión no pleno do Parlamento, por importe total de 21,4 millóns de euros no eido educativo.
Santiago, 19 de agosto de 2019.- A vicevoceira do Grupo Popular Paula Prado indicou hoxe en rolda de prensa que se están a xerar “tensións de tesourería e os únicos responsables desta asfixia económica son os socialistas coa complicidade dos socialistas galegos, que defenden a actitude de Pedro Sánchez e os seus ministros de non darlle a Galicia os cartos que lle corresponde”.   Deste xeito falou do “desprezo que amosan con Galicia desde o Goberno de Pedro Sánchez, impedindo que se fagan as entregas a conta xa orzamentadas de 530 millóns de euros, que sumados ás cantidades do IVE, son 700 millóns de euros de todos os galegos e galegas”.   Mentres, indicou Paula Prado, “asistimos a anuncios sorprendentes sobre outras medidas que sí se tomarían polo Goberno en funcións aínda que suporían unha modificación orzamentaria”. Deste xeito sinalou o anuncio da subida das pensións “coa que estamos absolutamente dacordo” ou as peaxes nas autovías galegas “que poden facer aínda estando en funcións pero se negan a entregar o que deben a Galicia o que representa un insulto á nosa intelixencia”.  Na rolda de prensa celebrada hoxe, Paula Prado respostou aos xornalistas que “o único pacto do PPdeG é…
Santiago, 19 de agosto de 2019.- O Grupo Popular vén de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a que o Ministerio de Fomento axilice a licitación das obras do Enlace Orbital de Santiago de Compostela, co obxectivo de que estea totalmente operativo no 2021.
Santiago, 14 de agosto de 2019.-  A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado indicou nas declaracións aos medios de comunicación que “o Goberno de España veranea estando en funcións coa chequera dos galegos, cunha chantaxe intolerable  baseada no apoio á investidura ou os cidadáns se quedan sen sanidade ou educación, e eso é intolerable”.
Santiago, 14 de agosto de 2019.-  O Grupo Popular ven de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa encamiñada a garantir o futuro e o emprego e paliar os efectos da transición enerxética na central térmica das Pontes. Entre outras medidas, os deputados populares solicitan a supresión do céntimo verde para o carbón, ao igual que se ten realizado para outras tecnoloxías, como é o caso do gas, garantindo deste xeito a neutralidade tecnolóxica.
Santiago, 12 de agosto de 2019.-  A viceportavoz do Grupo Popular Paula Prado pedíu hoxe aos socialistas galegos que “deixen de ser cómplices da aldraxe do Goberno socialista de Pedro Sánchez a Galicia, que se poñan de lado dos galegos e das galegas e que lle esixan que deixe as súas vacacións e resolva primeiro os problemas e xestione a devolución dos 700 millóns de euros a nosa Comunidade”.